DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2024/092-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS enlace VAA708 con GON807 e CS na Gándara.

– Situación: Gondomar.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, en tres actuacións. A primeira é de 660 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación Peroleira (36CKZ7) e final no centro de seccionamento proxectado. A segunda é de 24 metros de lonxitude, coa orixe no empalme coa LMTS existente VAA7080799 e final no centro de seccionamento proxectado. A terceira é de 24 metros de lonxitude, coa orixe no centro de seccionamento proxectado e final no empalme coa LMTS existente VAA7080799.

Centro de seccionamento compacto de manobra exterior, 3L+TT, coas dúas celas de saída telecontroladas, situado na parcela con referencia catastral 2008734NG2620N0001ZH.

A instalación está situada na Peroleira e na Gándara, parroquia de Peitieiros, no municipio de Gondomar (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/092-4.

Denominación: LMTS enlace VAA708 con GON807 e CS na Gándara.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Gándara e Peitieiros

Urbana

2008734NG2620N0001ZH

Teresa Cambra Cambra

13,78

13,52

53,28