DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2024/089-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS TRO703 e substitución CS Logística Balboa (36CLW0).

– Situación: Mos.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 de 26 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS TRO7035522 e final na LMTS TRO7035521, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado en substitución do centro de seccionamento Logística Balboa 36CLW0.

Centro de seccionamento (CS) compacto de manobra exterior 3L+TT, coas dúas celas de saída telecontroladas, situado na estrada Peinador-Os Valos, na parcela con referencia catastral 36033A001008160001DR.

Retirada do centro de seccionamento Logística Balboa 36CLW0.

A instalación está situada no lugar de Santiaguiño, na parroquia de Louredo, no municipio de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/089-4.

Denominación: LMTS TRO703 e substitución CS Logística Balboa (36CLW0).

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

1

Estrada Peinador-Os Valos

Urbana

36033A001008160001DR

Inversiones Novorod, S.L.

16,64