DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/422-4).

O 24.8.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS MOS706, CTC As Pozas.

O 26.3.2024, para atender as condicións do Concello de Mos relativas ao recuamento de 6 metros da liña, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou un novo proxecto que varía a localización do centro de transformación.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS MOS706, CTC As Pozas.

– Situación: Mos.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 354 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A3AGPXE6//A3AGPXE6 da liña de media tensión (LMTA) MOS7060995, mediante un paso aéreo subterráneo, situado na estrada Pozas-Petelos, número 21, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A050003360000SZ, fronte a número 29, no lugar das Pozas.

A instalación está situada no lugar das Pozas, na parroquia de Petelos, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/422-4.

Denominación: LMTS MOS706, CTC As Pozas.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

As Pozas

Rústico

36033A050003360000SZ

CMVMC Petelos

16,81

2,85

8,10