DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Alto do Monte, SAT nº 887 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 4 de decembro de 2023 e nomeamento da comisión liquidadora.

b) Alto do Monte, SAT nº 887 Xuga, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final, acordada na asemblea xeral do 26 de decembro 2023.

c) A Rocheira, SAT nº 653 Xuga, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final, acordada na asemblea xeral do 3 de xaneiro de 2024 e elevada a público mediante escritura do 26 de xaneiro de 2024 ante notario.

d) Seoane, SAT nº 843 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 29 de febreiro de 2024 e nomeamento da comisión liquidadora.

e) Quercus, SAT nº 1399 Xuga, cancelada de oficio con data do 26 de febreiro de 2024 despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a disolución da sociedade acordada na asemblea xeral do 20 de decembro de 2019.

f) Val do Carballo, SAT nº 1120, cancelada por descualificada a Sociedade Agraria de Transformación na asemblea de data do 21 de decembro de 2023 celebrada ante notario, con efecto a partir do 1 de xaneiro de 2024 terá carácter ordinario de Sociedade Civil coa denominación Val do Carballo, S.C.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolmento Rural