DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 27039

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Novelle e do Rego

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral extraordinaria para a adaptación dos estatutos á lexislación vixente.

O que subscribe, Juan Pazos Carpintero, veciño da rúa Alfonso XII, concello de Redondela (Pontevedra), por este anuncio convoco á xunta xeral extraordinaria todos os usuarios de augas da Comunidade de Augas de Novelle e do Rego, que terá lugar o 25 de maio de 2024, ás 10.30 e ás 11.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no Centro Cultural de Quintela, coa seguinte:

Orde do día:

1.1. Adaptación dos estatutos da Comunidade, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

1.2. Rogos e preguntas.

Redondela, 9 de abril de 2024

Juan Pazos Carpintero
Presidente da Comunidade de Augas de Novelle e do Rego