En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 16.1 do Estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro,
Nomeo directora da Axencia Tributaria de Galicia a Sonia Lafont Sendino.
Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública