DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0122/2023-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0122/2023-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 17 de abril de 2024

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0122/2023-PPM

44844209M

Resolución

R/ Espadañal, núm. 13, Praia Xardín, Boiro

PSC-FE-0137/2023-PPM

32705084G

Resolución

Camiño do Castro da Quinta, 60, Narón

PSC-FE-0145/2023-PPM

32814694L

Resolución

R/ Deporte, 22, 3º, Ferrol

PSC-FE-0156/2023-PPM

Y1891133H

Resolución

Porto do Portiño, 6, A Coruña

PSC-FE-0162/2023-PPM

52933544X

Resolución

Rúa Gasset, 47, 2º, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0182/2023-PPM

X7307122E

Resolución

R/ Paseo do Sol, 4, 1º F, Meco

PSC-FE-0186/2023-PPM

32712167A

Resolución

Avenida Francisco Vizoso, 57, 2º, Mugardos

PSC-FE-0189/2023-PPM

X5643292N

Resolución

Rúa Dereitos Humanos, 12, 3º dta., Boiro

PSC-FE-0200/2023-PPM

58022478X

Resolución

Portiño, bloque 2, 1º esqda., A Coruña