DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 17 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Puzal, Castro, Outeiro de Castro, Costa e Lameiriño e Fonte da Besta, nas parroquias de Castromao (Santa María), Amoroce (Santiago) Acevedo do Río (San Xurxo) e Celanova (San Rosendo), no concello de Celanova.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2024, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Puzal, Castro, Outeiro de Castro, Costa e Lameiriño e Fonte da Besta, nas parroquias de Castromao (Santa María), Amoroce (Santiago) Acevedo do Río (San Xurxo) e Celanova (San Rosendo), no concello de Celanova, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 27 de maio de 2022 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC dos veciños de Castromao, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de veciñal de Puzal, Castro, Outeiro de Castro, Costa e Lameiriño e Fonte da Besta.

Segundo. O 17 de abril de 2023, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Durante a tramitación do expediente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informou que parte da parcela con referencia catastral 32025A06900001 (a cal se atopa dentro do perímetro que se pretende clasificar) estaría situada dentro do contorno de protección da zona arqueolóxica de Castromao, declarada BIC polo Decreto 147/2019, do 24 de outubro. Non obstante, a dita circunstancia non afecta a clasificación da citada parcela como monte veciñal.

Por outro lado, a parcela catastral 32025A51005040 figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Celanova a prol do Concello de Celanova, de acordo coa certificación que consta no expediente.

O representante veciñal afirma que o Concello de Celanova mostrou a súa conformidade coa clasificación da citada parcela. Resulta, ademais que o Concello non se opuxo, durante a tramitación do expediente, á súa inclusión, polo que o Xurado Provincial acordou a clasificación do monte veciñal tal e como figura no acordo de inicio da clasificación.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Puzal, Castro, Outeiro de Castro, Costa e Lameiriño e Fonte da Besta.

Superficie: 45,52 ha.

Pertenza: veciños/as do lugar de Castromao.

Parroquia(s): Castromao (Santa María), Amoroce (Santiago) Acevedo do Río (San Xurxo) e Celanova (San Rosendo).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (Monte Puzal):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A06800001

(parte)

Norte

32025A06800101 32025A04809009

Leste

32025A04809009

Sur

32025A06800010 32025A06800006

32025A06800002 32025A06800003

Oeste

32025A06809001 (resto)

32025A06800001 32025A06800101

Predio 2 (Monte Castro de Castromao):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A51005040

Norte

32025A51009004

Leste

32025A51009004

Sur

32025A51000441 32025A51005041

32025A51005043 32025A51000448

32025A51005042

Oeste

32025A51009004

Predio 3 (Monte Outeiro de Castro):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A51005045

Norte

32025A51005077 32025A51009009

32025A51009014 32025A51000412

32025A51005076 32025A51000409

32025A51000413 32025A06709008

Leste

32025A06709008

Sur

32025A06709008 32025A06800002

32025A06800006 32025A06800003

Oeste

32025A51000518 32025A51009006

Predio 4 (Monte Costa ou Uzal):

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por varios camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32025A06709004, 32025A06709007 e 32025A06609002.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A06600026 32025A06700646

32025A06700648

32025A06700649

32025A06700670

32025A52000055

Norte

32025A06709007 32025A06509004

32025A06609002

Leste

32025A06509004 32025A06600027

Sur

32025A06609002 32025A06709003

32025A06700650 32025A52009001

Oeste

32025A52000054 32025A06709007

32025A06709004 32025A06700578

32025A51009001 32025A06700577

32025A51009006 32025A06700576

32025A51000541 32025A06700573

32025A06700609 32025A06700572

32025A06700597 32025A06700571

32025A06700596 32025A06700570

32025A06700595 32025A06700647

32025A06700594

Predio 5 (Monte Lameiriño e Fonte da Besta):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32025A06900001

32025A06909002

(parte)

32025A07000001

(parte) 32025A11400120

Norte

32025A06909001 32025A06900011

32025A06900002 32025A06900012

32025A06900003 32025A06900013

32025A06900004 32025A06900026

32025A06900008 32025A06900024

32025A06900009 32025A51000496

32025A06900010 32025A51000497

Leste

32025A51000498 32025A07000076

32025A06900027 32025A07000077

32025A06900028 32025A07000078

32025A06900029 32025A07000172

32025A06909002 32025A07000173

(resto) 32025A07000174

32025A07000032 32025A07000175

32025A07000040 32025A07000002

32025A07000055 32025A07000003

32025A07000056 32025A07000001

32025A07000073 (resto)

32025A07000074 32025A07009003

32025A07000075

Sur

32025A11400118

Oeste

32025A11400070 32025A11400105

32025A11400071 32025A11400106

32025A11400072 32025A11400107

32025A11400073 32025A11400108

32025A11400090 32025A11400109

32025A11400092 32025A11400115

32025A11400093 32025A11409002

32025A11400094 32025A06900002

32025A11400096 (resto)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Puzal, Castro, Outeiro de Castro, Costa e Lameiriño e Fonte da Besta, nas parroquias de Castromao (Santa María), Amoroce (Santiago) Acevedo do Río (San Xurxo) e Celanova (San Rosendo), no concello de Celanova, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 17 de abril de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense