De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024
Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
Sanc. 12-13-23-11 7229-HDP Gardapeiraos |
B-87327599 |
Estacionamento prohibido. 9.8.2023; 17.05 horas; Sada (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-13-23-13 C-6768-BK Gardapeiraos |
32441474C |
Estacionamento prohibido. 4.9.2023; 9.13 horas; Sada (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-21-23-20 0877-DJS Gardapeiraos |
71880786J |
Estacionamento prohibido. 22.8.2023; 16.45 horas; Laxe (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-38-23-83 7427-KWB Pafif |
76446503T |
Estacionamento prohibido. 12.7.2023; 18.45 horas; Muros (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 12-50-23-37 7572-CBH Garda Civil |
52458164V |
Estacionamento prohibido. 30.9.2023; 16.45 horas; A Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 13-19-23-13 7ª-362-22-11 Gardapeiraos |
51063138X |
Atracada sen autorización. 14.9.2023; 16.10 horas; Aldán (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
Sanc. 13-35-23-184 3422-MJW Gardapeiraos |
44088319X |
Estacionamento prohibido. 5.9.2023; 16.15 horas; As Corvaceiras (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |