DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26393

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico de investigación, área de bioloxía-saúde, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de novembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 3 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 18 de novembro) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas da categoría profesional de técnico de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional especialista de técnico de investigación, área bioloxía-saúde, as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día seguinte hábil á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

1

***3766**

Romero Chouza, David

PL001321

Técnico de investigación, área de bioloxía-saúde. Facultade de Veterinaria

Mañá

Lugo

2

***2936**

Prado Vázquez, Alba Noelia

PL000404

Técnico de investigación, área de bioloxía-saúde. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

Mañá

Lugo