DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26626

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello do Porriño para desenvolver diversas facultades relacionadas coa taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de abril de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello do Porriño polo Acordo do Pleno, na sesión do 27 de setembro de 2023, para desenvolver as facultades de xestión, recadación voluntaria e executiva e inspección da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos ou similares.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación