DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PS-DXIS-17-2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 8A, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na resolución administrativa referida, a persoa interesada poderá inerpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación da presente resolución, tal e como prescribe o artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Logo de transcorrer o dito prazo sen interpor o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-17-2023.

Persoa interesada. DNI/NIE/pasaporte: 42034232F.

Acto de notificación: Resolución do 4 de abril de 2024, do procedemento sancionador.

Preceptos infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.