DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 17 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de pesca fluvial (expediente PES-CO-0001/2024).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo, ditado en relación co procedemento sancionador en materia de pesca fluvial, notifícaselle á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 17 de abril de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada DNI/NIF/NIE

Acto

PES-CO-0001/2024

76364995G

Acordo de inicio