DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2022/047-4).

Expediente: IN407A 2022/047-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas.

Concello: A Cañiza.

Feitos:

1. O 4.2.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 119.961,19 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a mellorar a calidade de subministración eléctrica nos lugares das Laxas e O Rial, na parroquia de Petán, e no lugar de Pereiras do Medio, na parroquia das Achas, no concello da Cañiza, mediante as seguintes actuacións:

– Instalación dun centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT con dúas celas de saídas telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón, situado na parcela con referencia catastral 36009A020000100000ZB.

– Instalación dun centro de transformación intemperie de 50 kVA, sobre apoio de formigón HVH-2500/11, situado na parcela con referencia catastral 36009A023002100000ZR.

– Instalación dunha liña de media tensión aérea de 19 metros desde o apoio proxectado C-2000/12, no cal se instala un XS, e o apoio proxectado HVH-2500/11.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 716 metros entre o centro de seccionamento e o centro de transformación.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Cañiza e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello da Cañiza.

O Servizo do Patrimonio Cultural non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 9.3.2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 31.3.2022.

– Xornal Faro de Vigo: 23.3.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

5. Josefa Riveiro Fidalgo e Victoria Suárez Sánchez presentaron alegacións que foron trasladadas á empresa promotora.

6. Debido a un acordo acadado cos afectados, o 21.7.2022, UFD achegou unha modificación ao proxecto inicial. A modificación consiste na instalación do apoio proxectado C-2000/14 noutra parcela. Isto implica unha lixeira variación no trazado da liña de media tensión subterránea proxectada. Ademais se instalará un apoio tipo celosía C-2000/14 para albergar o centro de transformación, no canto de instalar un apoio de formigón HVH-2500/11.

7. Tras requirimentos desta xefatura, o 16.6.2023, UFD achegou un refundido do proxecto.

8. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Cañiza e o Servizo de Patrimonio Cultural.

O Servizo de Patrimonio Cultural informou que non existen elementos para protexer desde o punto de vista de protección do patrimonio que se poidan ver afectados polas referidas obras.

O Concello da Cañiza non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

9. Mediante escritos do 31.7.2023, esta xefatura territorial notificou as modificacións propostas ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na nova relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas titulares das parcelas afectadas polas modificacións propostas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 6.11.2023 e no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado do 23.11.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

10. O proxecto refundido someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 31 de xullo de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 29.8.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 28.8.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza, segundo certificado do propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

11. Non se recibiron alegacións ao proxecto refundido.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións. A primeira actuación é de 28 metros, coa orixe no empalme coa LMTS FRI8021495 e final no centro de seccionamento proxectado. A segunda é de 28 metros, coa orixe no centro de seccionamento proxectado e final no empalme coa LMTS FRI8021495. A última é de 653 metros, coa orixe no centro de seccionamento proxectado e final no paso aéreo (nº 1) subterráneo no apoio proxectado C-2000-12.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 22 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000-12 (nº 1) e final no apoio proxectado C-2000-12 (nº 2), en que se instala o CTI.

– Centro de seccionamento con celas compactas con illamento e corte en SF6 (3L TT), situado na parcela con referencia catastral 36009A020000100000ZB, no camiño A Aldeiña.

– Centro de transformación intemperie (CTI), no apoio proxectado C-2000-12 (nº 2), a 50 kVA con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36009A023002100000ZR, no camiño de Pereiras.

A instalación está situada en Petán e As Achas, no concello da Cañiza (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT FRI802, CS e CTI Petán As Achas, expediente IN407A 2022/047-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra