DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/046-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ATI714 e substitución CS Plásticos Reguera, S.L. (36CJC6).

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, de 18 metros lonxitude, coa orixe na LMTS existente ATI7140205 e final na LMTS existente ATI7140188, mediante empalmes en arquetas proxectadas, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado Plásticos Reguera, S.L., en substitución do existente.

Centro de seccionamento con celas compactas e corte en SF6, 4L+TT, coas tres celas de saída telecontroladas, situado na parcela con referencia catastral 36039A055060170001FZ, na rúa Paralela 3, número 56, no polígono A Granxa.

A instalación está situada na rúa Paralela 3, número 56, no polígono A Granxa, Budiño, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/048-4.

Denominación: LMTS ATI714 e substitución CS Plásticos Reguera, S.L. (36CJC6).

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Granxalouro

Urbano

36039A055060170001FZ

Bento Moreira

12,88

0,59