DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26390

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez presentadas as renuncias dunha vogal titular e unha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro) e modificado polas Resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Montserrat Rodríguez Varela como vocal titular e María José Pérez Dafonte como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a María José Pérez Dafonte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 e como vogal suplente a Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG número 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública