DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230237TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 26 de febreiro de 2024 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 20230237TA-PO contra a persoa titular do DNI 34975575G.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 34975575G o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do Boletín Oficial del Estado (BOE)

Pontevedra, 16 de abril de 2024

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20230237TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 34975575G.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 144, 9A, de Vigo, 36203 Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.c): Prohíbese fumar: «[...] c) Centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como nos espazos ao aire libre ou cubertos, comprendidos nos seus recintos».

Tipificación: tales feitos puideran constituír dúas infraccións administrativas, unha tipificada como leve e outra como grave dos artigos 19.2.a) e 19.3.c), respectivamente, da Lei 28/2005: «consideraranse infraccións leves: 2.a) Fumar nos lugares en que exista prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto», e, «consideraranse infraccións graves: 3.c) A acumulación de tres infraccións das previstas no apartado 2.a) do presente artigo».

Resolución: arquivamento por erro na tipificación.