Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada subestación colectora A Ruña 30/60 kV e LAT 66 kV A Ruña, Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2018/31-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 12 de abril de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN408A 2018/31-1.
Entidade beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.
Denominación da instalación: subestación colectora A Ruña 30/60 kV e LAT 66 kV A Ruña, Regoelle.
Concello: Dumbría.
Predio |
Lugar |
Pol. |
Parc. |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
145 |
Rozas |
9 |
453 |
Fidel García Castiñeira |
27.3.2024 |
174 |
Tras Campos da Laxe |
9 |
386 |
José Trillo Antelo |
27.3.2024 |
197 |
Pedras Anchas |
9 |
356 |
Dolores Alvela Canosa |
27.3.2024 |
203 C |
Pedras Anchas |
7 |
69 |
Dolores Alvela Canosa |
27.3.2024 |