Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS TRO707 e substitución CTI Cabaleiros 36AY15 por CTC.
Situación: Mos.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 27 metros de lonxitude, coa orixe na LMTA MOS7070387, no apoio celosía A450JPE0//A450JPE0, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación compacto a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A030005430000SH, en Regueiro.
Retirada do centro de transformación intemperie Cabaleiros 36AY15.
A instalación está situada no lugar de Regueiro, estrada Puxeiros-Mos, na parroquia de Torroso, no municipio de Mos (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de abril de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/559-4.
Denominación: LMTS TRO707 e substitución CTI Cabaleiros 36AY15 por CTC.
Concello: Mos.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
1 |
Regueiro |
Rústico |
36033A030005430000SH |
Carmen Pampillón Grandal |
16,81 |
8,55 |
37,98 |