DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de marzo de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do DPP e do edificio 12.14.EDF.002, para sede da confraría, almacén, cámaras de frío, manipulación de peixe e centro de descarga, no porto de Lorbé (expediente 12-14-19-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Lorbé, para a ocupación en superficie de DPP e do edificio 12.14.EDF.002, como sede da confraría, almacén, cámaras de frío, manipulación de peixe e centro de descarga, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 1 de novembro de 2019 e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada o 26 de marzo de 2024, no porto de Lorbé.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 27 de marzo de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefatura da Zona Centro