DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2024/105-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC.

– Situación: Vigo.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 23 metros de lonxitude, coa orixe no apoio HV-250/11, A10EGRLV//D26-1, da LMTA TRO7012632, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto (CTC) a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 6956213NG2765N0001AU, no camiño Balanciña.

Retirada do centro de transformación intemperie Fonte Escura 36A988.

A instalación está situada no camiño Balanciña, parroquia de Candeán, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/105-4.

Denominación: LMTS TRO701 e substitución CTI Fonte Escura (36A988) por CTC.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CTC m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Candeán

Urbana

6956212NG2765N0001WU

Descoñecido/a

7,16

20,40

2

Lavadores

Urbana

6956213NG2765N0001AU

Descoñecido/a

16,35

0,95

 4,18