Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: LMT, CT A Carballa.
– Situación: Pontevedra.
– Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, de 448 metros de lonxitude, coa orixe e final na LMT MUR817, en arqueta proxectada, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación compacto a 250 kVA con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36900A054003720000QZ, na Carballa.
A instalación está situada na Carballa, na parroquia de Salcedo, no municipio de Pontevedra.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de abril de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2024/035-4.
Denominación: LMT, CT A Carballa.
Concello: Pontevedra.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
1 |
Aldea de Martiño de Arriba |
Rústico |
36900A054003720000QZ |
Descoñecido/a |
20,64 |
2,23 |
5,17 |