DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión de varias árbores e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2024/662263.

Data: 27.2.2024.

Solicitante: Jesús María Quiroga González.

Especie: formación de Quercus robur L e Castanea sativa Mill e outras.

Localidade: San Pedro de Maside.

Concello: Sarria.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/725715.

Data: 2.3.2024.

Solicitante: Antonio Blanco López.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: A Estibada.

Concello: O Valadouro.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/1040346.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze, 1898.

Localidade: Lourizán.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2024/1041482.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: formación de Quercus robur L.

Localidade: Brandeso.

Concello: Arzúa.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2024/1042094.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Vilalvite.

Concello: Friol.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/1042470.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Quercus pyrenaica Willd.

Localidade: Santigoso.

Concello: A Mezquita.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2024/1042754.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Chaguazoso.

Concello: A Mezquita.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2024/1043202.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Castanea sativa Mill (I).

Localidade: Pexeiros.

Concello: Os Blancos.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2024/1043451.

Data: 25.3.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Castanea sativa Mill (II).

Localidade: Pexeiros.

Concello: Os Blancos.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2024/1094308.

Data: 1.4.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Taxus baccata L.

Localidade: Vilarbacú.

Concello: Quiroga.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2024/1094537.

Data: 1.4.2024.

Solicitante: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Adega.

Especie: Taxus baccata L.

Localidade: Noceda.

Concello: Folgoso do Courel.

Provincia: Lugo.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo; rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña; r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra; avenida Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense; avenida de La Habana, 79, 5º, 32071 Ourense.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se correspondan con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural