DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25546

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DECRETO 79/2024, do 22 de abril, polo que se nomea presidente do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia a Juan José Nieto Roig.

De conformidade co establecido no artigo 13 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, a presidencia do consorcio será nomeada por proposta da persoa titular da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de universidades, escoitadas/os as/os reitoras/es e as/os presidentas/es dos consellos sociais das universidades do SUG, de entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito universitario, por un período de catro anos prorrogables por períodos iguais de tempo.

En consecuencia, unha vez escoitados os reitores e presidentes/as dos consellos sociais das universidades integradas no consorcio, por proposta da conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Juan José Nieto Roig presidente do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional