DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/31-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-O Saviñao 8, entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 11 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
LAMT MOF 808 Escairón-O Saviñao 8, entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón-Lugo

Concello: Pantón.

Expediente: IN407A 2023-31-2.

Predio nº

Polígono

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Cantidade

Sup. m²

1

27

293

Viña da Aira

Descoñecido

Matogueira

BN30QQCB//95

1

2

3

11

46

Forcados

Descoñecido

Carballeira

BMW1MOV1//98

1

2