DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2024/033-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS TUI804 e substitución CTI Guillarei (36AA59) por CTC.

Situación: Tui.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 53 metros de lonxitude, coa orixe na liña de media tensión aérea (LMTA) TUI8040152, no apoio A3RKW2S7//A3RKW2S7, e final na LMTA TUI8040150, no apoio A3S2MCV6//A3S2MCV6.

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 692 metros de lonxitude, coa orixe na LMTA TUI8040152, no apoio A3RKW2S7//A3RKW2S7, e final na LMTA TUI8040151, no apoio A3RKW2S7//A3RKW2S7, mediante pasos aéreo subterráneos, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto Guillarei a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36055A007013890000UJ, no camiño Gándara-Guillarei.

– Retirada do centro de transformación intemperie Guillarei 36AA59.

A instalación está situada na Gándara, na parroquia de Guillarei, no municipio de Tui (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2024/033-4.

Denominación: LMTS TUI804 e substitución CTI Guillarei (36AA59) por CTC.

Concello: Tui.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Coviña

Rústico

36055A007013890000UJ

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillarei

16,81

9,79

16,40