DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2017/00095).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu respectivo expediente, atópanse á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Ourense, 10 de abril de 2024

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

OU-2017/00095

FS427499

Resolución de cancelación da inscrición