DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense (expediente PR204A 2023/2175-3 e quince máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, núm. 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 9 de abril de 2024

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2023/2175-3

34913087F

PR204A 2023/2182-3

34979925F

PR204A 2023/2899-3

44491225W

PR204A 2023/3496-3

34931098D

PR204A 2023/4232-3

76731478M

PR204A 2023/4341-3

75239812G

PR204A 2023/4477-3

Y7804645T

PR204A 2023/4555-3

44445733G

PR204A 2023/4588-3

44660383H

PR204A 2023/4658-3

44452705F

PR204A 2023/4753-3

34276644C

PR204A 2023/4905-3

34970436V

PR204A 2024/83-3

34931098D

PR204A 2024/87-3

76735302B

PR204A 2024/386-3

44454998T

PR2004A 2024/429-3

34990851P