DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25534

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 67/2024, do 22 de abril, polo que se dispón que cese Joaquín Macho Canales como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Joaquín Macho Canales como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural