DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas que supón a extinción da concesión coa clave DH.A36.10499, no concello de Gondomar (expediente DH.A36.81831).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Plastic Omnium Auto Inergy Spain, S.A.

Expediente: DH.A36.81831.

Volume total anual: 200,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,11 l/s.

Destino: outros usos non ambientais-depósito contra incendios.

Orixe: pozo na ref. catastral 3373107NG2637S0001ZO.

Lugar: A Pasaxe.

Parroquia: Vincios.

Concello: Gondomar.

Descrición:

A auga cáptase nun pozo de barrena 76,00 m de profundidade no interior dunha nave industrial e condúcese a un depósito de 200 m3 na mesma parcela, que abastece o sistema contra incendios.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 4 de marzo de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur