DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25476

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios Augas de Fonte Lagunda

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Diego Barreal Modroño, veciño do lugar de Gatomorto, parroquia Santa María de Xeve, concello de Pontevedra, actuando como representante da Comunidade de Usuarios Augas de Fonte Lagunda, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria a todos os usuarios das augas, que terá lugar o 4 de maio de 2024, ás 18.30 e ás 19.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no local social, coa seguinte

Orde do día:

1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

2. Rogos e preguntas.

Santa María de Xeve-Pontevedra, 30 de marzo de 2024

Diego Barreal Modroño
Presidente da Comunidade de Usuarios Augas de Fonte Lagunda