DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña que, na sesión que tivo lugar o día 11 de marzo de 2024, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e realizar as oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

1. Monte veciñal en man común de Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santo Adrao de Veiga, no concello de Ortigueira, e MVMC Aguieira, Rañal, Ameneiro e Miranda, pertencente á CMVMC de Santiago de Landoi, no concello de Cariño.

O 22.7.2019 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito presentado pola CMVMC de Santo Adrao de Veiga, dirixido ao Xurado de Montes, en que se solicitaba a aprobación do deslindamento entre a CMVMC de Santo Adrao de Veiga e a CMVMC de Santiago de Landoi. Xunto coa solicitude achegaron a seguinte documentación: acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación 2/2019, levantada no Xulgado de Paz de Cariño, e certificacións de aprobación por parte das asembleas de cada unha das comunidades implicadas.

O expediente de deslindamento foi tramitado e informado polo Servizo de Montes, o 21.2.2024, de modo favorable.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Santo Adrao de Veiga e a CMVMC de Santiago de Landoi, respecto da estrema común nos termos indicados e segundo os planos topográficos achegados con el, e validados mediante o informe técnico do Servizo de Montes, conformada polos seguintes vértices e as súas coordenadas UTM, referidos ao sistema ETRS89/29N:

ID

X

Y

1

586.327,78

4.838.047,29

2

586.441,26

4.838.088,13

3

586.967,24

4.838.225,17

4

587.037,20

4.838.211,59

5

587.071,08

4.838.202,07

6

587.081,87

4.838.201,26

7

587.121,54

4.838.178,83

A Coruña, 10 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña