DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25341

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503D).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (https://turismo.xunta.es) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas que se financiarán cun crédito total de 2.000.000 de €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, código de proxecto 2015 00005, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503D).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

O director da Axencia de Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Antonio Casas Calviño
Xerente da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións
de mellora das infraestruturas turísticas

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Riotorto

Melloras da ruta de sendeirismo dos muíños en Riotorto

29.949,02 €

Concello de Parada de Sil

Traballo de mellora nos sendeiros homologados PR-G 177 ruta do Mao e PR-G 98 Canón do Sil-Santa Cristina

29.901,83 €

Concello de Vilasantar

Mellora da seguridade na ruta e miradoiro do Batán de Mezonzo-Vilasantar

30.000,00 €

Concello de Samos

Mellora de pavimentación nas vías do núcleo de Santalla de Abaixo e reparación e renovación do roteiro Fiz Vergara Vilariño

29.945,95 €

Concello de Taboadela

Mellora e embelecemento da rúa principal e sinalización da aldea O Castro-Taboadela

30.000,00 €

Concello de Vilar de Barrio

Castelo de San Xoán de Bara: proxecto de recuperación patrimonial do sistema defensivo

29.810,33 €

Concello de Corcubión

Embelecemento da conexión peonil de Santa Isabel con Muíño do Vento

30.000,00 €

Concello do Bolo

Creación dunha nova oferta turística na OU-533

29.885,18 €

Concello de Santiso

Mellora do camiño de acceso á área recreativa PR-226 de Bergondo

30.000,00 €

Concello de Ribeira de Piquín

Actuacións de adecuación para actividades de astroturismo do miradoiro de Barangón

29.926,00 €

Concello do Incio

Acondicionamento e rehabilitación de lavadoiro no núcleo do Hospital

29.469,83 €

Concello de Castro Caldelas

Mellora de accesibilidade e sinalización turística do castelo de Castro Caldelas e posta e valor da Torre do Reloxo

29.996,51 €

Concello do Pereiro de Aguiar

Obras de sinalización turística nas estradas do Pereiro de Aguiar

29.611,12 €

Concello da Pontenova

Embelecemento e mellora da accesibilidade da oficina de turismo e na contorna dos fornos de Vilaoudriz

30.000,00 €

Concello das Nogais

Recuperación da contorna de recursos turísticos: paseo fluvial de San Clodio e ponte peonil sobre o río Navia nas Nogais

30.000,00 €

Concello de Bande

Adecuación de acceso ao BIC Complexo Aquis Querquennis

29.999,98 €

Concello de Cualedro

Musealización e posta en valor do Sector Taboada da Cidá de San Millao

29.922,09 €

Concello de Salceda de Caselas

Sinalización da rede municipal de micropaisaxes no concello de Salceda de Caselas

29.909,69 €

Concello de Begonte

19 anacos do Belén de Begonte nas 19 parroquias begontesas

30.000,00 €

Concello de Dozón

Embelecemento na contorna do Camiño de Santiago (Vía da Prata) e capela do Alto de Santo Domingo

30.000,00 €

Concello da Veiga

Recuperación e tratamento paisaxístico de accesos á Cántara da Moura

28.942,68 €

Concello de Calvos de Randín

Mellora das infraestruturas turísticas no concello

29.830,00 €

Concello de Cospeito

Restauración do antigo depósito para o Centro de interpretación do proceso de produción de auga potable

30.000,00 €

Concello de Sandiás

Roteiro de Cerredelo

29.990,21 €

Concello de Allariz

Mellora de pavimentación no aparcadoiro prioritario de autocaravanas

29.950,45 €

Concello de Laza

Mellora de acceso e da contorna da praza da Picota

30.000,00 €

Concello de Touro

Acondicionamento de punto de atención turística

30.000,00 €

Concello de Lobeira

Reacondicionamento de local municipal en Parada do Monte

30.000,00 €

Concello de Bóveda

Miradoiro astronómico en Bóveda

30.000,00 €

Concello de Quiroga

Melloras de sinalización-interpretación de recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de Cerdedo-Cotobade

Posta en valor das construcións do Castro da Cividá para o seu aproveitamento turístico

30.000,00 €

Concello de Carballeda de Valdeorras

Embelecemento na contorna do Camiño de Inverno, así como da ponte de Sobradelo, mediante ocultación de contedores de residuos

29.947,67 €

Concello de Entrimo

Mellora de sinalización turística en estrada

29.991,54 €

Concello de Padrón

Ruta das pesqueiras de Padrón

30.000,00 €

Concello de Trabada

Área recreativa Vilapena

30.000,00 €

Concello de Muíños

Creación de senda no contorno do encoro de Salas

30.000,00 €

Concello de San Xoán de Río

Acondicionamento de área turística da Aula da Natureza

30.000,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Recuperación e sinalización do conxunto etnográfico do século XVII: neveiro do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

29.802,30 €

Concello de Mondoñedo

Reparacións de pavimentos das rúas principais do conxunto histórico de Mondoñedo

30.000,00 €

Concello de Ribadavia

Micropaisaxes do concello

29.965,65 €

Concello de Crecente

Rehabilitación de lavadoiro en Castro e contorna inmediata

29.993,04 €

Concello da Lama

Embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas, de acceso ao BIC en Laxedo, en continuación do tramo existente

30.000,00 €

Concello de Dumbría

Recuperación do miradoiro paisaxístico na subida ao cemiterio (O Ézaro)

30.000,00 €

Concello de Monterrei

Creación de oferta complementaria á vila medieval de Monterrei: obras de sinalización turística Castelo-Albarellos e traballos de caracterización patrimonial no forte da Madanela

29.980,13 €

Concello de Boimorto

Instalación de cubrecolectores para posta en valor do contorno de Boimil e Boimorto

30.000,00 €

Concello de Cee

Subministración de cubrecolectores en Ameixenda

17.666,00 €

Concello da Teixeira

Adecuación do contorno dos recursos turísticos en Cristosende e Lumeares

30.000,00 €

Concello de Cartelle

Sinalización, adecuación e mellora dos roteiros do castelo e dos muíños do río Gato

30.000,00 €

Concello de Becerreá

Embelecemento da Vía Küning no tramo de Becerreá a Baralla

29.999,28 €

Concello de Cortegada

Recuperación da caseta de pediluvios e aseos en Cortegada

30.000,00 €

Concello de Castrelo do Val

Mellora da sinalización turística de benvida ao concello

29.245,10 €

Concello de San Cristovo de Cea

Acondicionamento do forno público de Ponte Mandrás

30.000,00 €

Concello de Castrelo de Miño

Embelecemento da praza da capela das Mercedes en Ramirás

30.000,00 €

Concello de Nogueira de Ramuín

Sinalización da rede municipal de micropaisaxes no concello

29.909,69 €

Concello de Ares

Iluminación ornamental no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro

30.000,00 €

Concello de Oia

Sinalización da ruta Torroña-Burgueira

29.996,67 €

Concello de Arzúa

Actuacións de mellora das infraestruturas turísticas. Recuperación e mellora da fonte da Quenlla

17.320,12 €

Concello de Lourenzá

Área de autocaravanas en Vilanova de Lourenzá

30.000,00 €

Concello de Meis

Rehabilitación do lavadoiro cuberto e fonte da Sobreira

30.000,00 €

Concello de Lobios

Mellora das infraestruturas na contorna da vila de Riocaldo

29.823,55 €

Concello de Rábade

Mellora da ruta de sendeirismo circular en Rábade e conexión coa ruta das Ínsuas

29.969,44 €

Concello de Sober

Rehabilitación da capela de Portabrosmos en Sober

30.000,00 €

Concello de Agolada

Rehabilitación de edificación coñecida como antigas cortes dos pendellos

30.000,00 €

Concello de Taboada

Construción de miradoiro na Cariza-Taboada

29.846,66 €

Concello de Porqueira

Humanización de rúas en Lobios para mellora de infraestruturas turísticas

30.000,00 €

Concello da Cañiza

Acondicionamento da ponte medieval de Noceifas

27.829,46 €

Concello de Folgoso do Courel

Acondicionamento do contorno, sinalización e restauración de elementos patrimoniais

29.763,52 €