DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle na Farixa para o reaxuste de aliñacións en vías de acceso ao sector sur R-10.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do día 5 de abril de 2024 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o seguinte proxecto de estudo de detalle:

Tipo de instrumento:

estudo de detalle

Situación:

A Farixa

Instrumento que desenvolve:

PXOM

Obxecto:

reaxustar as aliñacións nun viario do núcleo urbano de San Cibrao das Viñas que une a rúa da Farixa co Camiño Laxedo.

Equipo redactor:

IDOM

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificarlles o presente acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle da traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar a alcaldesa presidenta para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Contra o presente acordo interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

San Cibrao das Viñas, 16 de abril de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa