DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Dodro (expediente IN407A 2021/30-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Susavila, no concello de Dodro (expediente IN407A 2021/30-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfonos de contacto 981 18 23 78 e 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/30-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Susavila.

Concello: Dodro.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

1

Lameiriña

502

1283

Herdeiros de Rosa Pérez Monselle

9

Prado

502

1372

Herdeiros de Antonio Vigo Citoura

10

Prado

502

1373

Carmen Romero Mariño

11

Prado

502

1374

Carmen Romero Mariño

12

Prado

502

1375

Manuel Romero Vigo

13

Prado

502

1376

Vicente José Valeirón Rodríguez

14

Prado

502

1370

Herdeiros de Francisco Torres Boga

16

Prado

502

1366

María Citoura Susavila

17

Prado

502

1365

Herdeiros de Saturnino Calvo Susavila

18

Prado

502

1364

Fernando Calvo Pérez

20

Cacheiros

502

1357

Ramón Ángel Rodríguez Romero

21

Cacheiros

502

1356

Rosa González Rodríguez

22

Cacheiros

502

1355

Francisco Balirón Pérez

23

Cacheiros

502

1349

Herdeiros de Antonio Romero Tovis