DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos ás revisións do esbozo aprobadas na sesión do 11 de marzo de 2024.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado Provincial, na reunión celebrada, examinou os seguintes expedientes e adoptou os acordos que se sinalan:

1. MVMC Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, pertencente á CMVMC de Santo Adrao de Veiga, concello de Ortigueira.

O 22.7.2019 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O 27.2.2024 o Servizo de Montes emitiu informe sobre a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do MVMC de Can de Carracedo e Chan de Salgueiro pasa a ser de 573,01 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

2. MVMV Foral de Bargo, pertencente á CMVMC de Bargo, concello de Lousame.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O día 21.12.2023, o Servizo de Montes emitiu informe sobre a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do MVMC de Foral de Bargo pasa a ser de 117,01 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

3. MVMC Caldebarcos e San Cibrán, pertencente á CMVMC de Caldebarcos, concello de Carnota.

O 3.8.2022 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O 21.12.2023, o Servizo de Montes emitiu informe sobre a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Caldebarcos e San Cibrán pasaría a ser de 303,28 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

4. MVMC Iroite, Barbanza, Enxa e Pedregueiras, pertencente á CMVMC de Nebra, concello de Porto do Son.

O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O día 13.12.2023, o Servizo de Montes emitiu informe sobre a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Iroite, Barbanza, Enxa e Pedregueiras pasa a ser de 904,26 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

5. MVMC Vilamor, pertencente á CMVMC de Vilamor, concello de Toques.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O día 14.12.2023, o Servizo de Montes emitiu informe sobre a proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte Vilamor pasa a ser de 559 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

6. MVMC do Gato, Penabranca e Pena Fondoira, da Cantarela, Penas Boas e Penas do Castelo, pertencente á CMVMC de Fervenzas, concello de Aranga.

O 22.11.2019 tivo entrada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que se achega.

O día 27.2.2024, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo, na cal a superficie do monte do Gato, Penabranca e Pena Fondoira, da Cantarela, Penas Boas e Penas do Castelo pasaría a ser de 179,02 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e incorporar o novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

A Coruña, 9 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

ANEXO I

Revisión de esbozo do MVMC Can de Carracedo e Chan de Salgueiro

missing image file

ANEXO II

Revisión de esbozo do MVMC Foral de Bargo

missing image file

ANEXO III

Revisión de esbozo do MVMC Caldebarcos e San Cibrán

missing image file

ANEXO IV

Revisión de esbozo do MVMC Iroite, Barbanza, Enxa e Pedregueiras

missing image file

ANEXO V

Revisión de esbozo do MVMC Vilamor

missing image file

ANEXO VI

Revisión de esbozo do MVMC do Gato, Penabranca e Pena Fondoira,
da Cantarela, Penas Boas e Penas do Castelo

missing image file