DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Zas (expediente DH.A15.99853).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ganados Gandarela, S.L.L.

Volume total anual: 9.000 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,67 l/s.

Orixe: pozo na parcela 15094A057005210000TE.

Destino: explotación gandeira de vacún.

Lugar: Monte Tello.

Parroquia: O Allo (San Pedro).

Concello: Zas (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

A auga captarase mediante a execución dun pozo de barrena na parcela indicada para dar servizo ás instalacións dunha explotación gandeira de vacún nas parcelas 15094A057005210000TE e 15094A057006000000TP.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 22 de marzo de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte