DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Culleredo (expediente DH.W15.98217).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Alquileres Sos Coruña, S.L.

DNI: ****3542*.

Expediente: DH.W15.98217.

Lugar: Valiñas (polígono 40, parcela 392).

Parroquia: Sueiro (Santo Estevo).

Concello: Culleredo.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda illada, composta de planta baixa e alta; peche de parcela mediante unha fila de bloques de formigón e malla metálica, incluíndo porta de acceso de vehículos e peonil, e urbanización desta.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 20 de marzo de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte