DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2023/235-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LMTA CRG805 no tramo entre os apoios nº 108 e nº 108-A-12-CT (Castroverde).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma da LMTA CRG805 a 20 kV, entre os apoios núms. 108 e 108-A-12-CT, coa substitución dos apoios de madeira existentes por outros de celosía metálica e cambio do condutor LA-30 actual a LA-56, cunha lonxitude de 736 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/castroverde

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: regulamentación LMTA CRG805 no tramo entre os apoios nº 108 e nº 108-A-12-CT (Castroverde)

Concello: Castroverde (Lugo)

Expediente: IN407A 2023/235-2

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo (sup. m²)

4

82

376

Reboleiras

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

15

170

5

82

377

Reboleiras

Prado

Descoñecido

14

203

10

82

168

Vitureiras

Monte alto

Descoñecido

34

12

82

165

Lagoa

Monte alto

Descoñecido

108/1

1/2

1

55

852

13

82

133

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

27

427

18

82

130

Lagoa

Monte alto

José Fernández Osorio

94

20

82

135

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Amalia Madarro Fernández

18

224

23

82

138

Lagoa

Prado

Hdros. de Aurora Lage Valiño

108/3

1/2

1

25

394

25

82

144

Campa de Riba

Prado

Carolina Palmeiro Ferreiro

35

468

27

82

203

Lagoa

Prado

Magdalena Ferreiro Garrido

108/4

1

2

86

1.369

29

82

206

Lg. Bolaño

Prado

Rosa María Ferreiro Garrido

24