DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos 4079/2024, 4080/2024 e 4081/2024, interpostos contra a Orde do 19 de outubro de 2023, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo.

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos 4079/2024, 4080/2024 e 4081/2024, interpostos contra a Orde do 19 de outubro de 2023 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña), nos cales se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado nos oficios, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo