DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 5 de abril de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 39 dos estatutos sociais, relativo ao capital social mínimo da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 25 de febreiro de 2024. O novo capital social mínimo é 184.132,22 €.

Ourense, 5 de abril de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense