DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de marzo de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Outros Adaxes, S.L. de modificación substancial da concesión administrativa no dominio público portuario do Xufre (A Illa de Arousa) por cambio de obxecto, incremento de superficie e incremento de volume (expediente 13-04-12-C1).

Outros Adaxes, S.L., solicita a modificación substancial de concesión administrativa no dominio público portuario do Xufre (A Illa de Arousa) por cambio de obxecto, incremento da superficie e por incremento do volume, segundo o proxecto básico de ampliación de nave, redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos en febreiro de 2024.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de marzo de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia