DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24485

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de publicacións, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 22 de febreiro de 2024 (DOG do 6 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de publicacións, grupo III, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela