DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria no expediente de expropiación IN407A 2021/200-1, no concello de Oleiros.

Para cumprir o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que establece que a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se descoñeza o lugar de notificación, ou ben, intenta esta, non se puidese efectuar...» mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, para que comparezan no expediente de expropiación denominado regulamentación LMTA, DC, SMC176//SMC722, substitución apoios D12 e D14, no concello de Oleiros.

O prazo para comparecer serán o 10 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, mostrando o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade. A comparecencia efectuarase na sección de Expropiacións da Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, sita no segundo andar do Edificio Administrativo de Monelos. Este anuncio publícase por non poder constatar que fose publicado no seu momento.

A Coruña, 8 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/200-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA, DC, SMC176//SMC722, substitución apoios D12 e D14.

Concello: Oleiros.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade proposta

Motivo

2

859614NH5945N0001BF

Avda. Salvador Allende

Marie Elizabeth Mattern

Enderezo descoñecido