DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24378

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 128/2023, do 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Advertidos erros no Decreto 128/2023, do 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia (DOG nº 176, do 15 de setembro de 2023), efectúanse as oportunas rectificacións do texto:

– Na páxina 52780, no número 2 do artigo 4, os parágrafos cuarto, quinto, sexto e sétimo deben ir precedidos das letras a), b), c) e d), respectivamente.

– Na páxina 52781, o parágrafo co número 3 do artigo 4 non debe levar número; polo tanto, o número 4 deste artigo debe ser o número 3.

– Na páxina 52791, no índice, onde di: «B.2.7. Outros espazos do edificio.», debe dicir: «B.2.7. Outros espazos comunitarios.».

– Na páxina 52792, o cuarto parágrafo da letra b) debe levar unha raia, polo que onde di: «Calquera espazo libre, público ou privado...», debe decir: «─Calquera espazo libre, público ou privado...».

Na derradeira liña do segundo parágrafo da letra c), onde di: «...más alá do devandito peche», debe dicir: «...máis alá do devandito peche».

– Na páxina 52793, na letra c) do punto A.1.2. Iluminación, ventilación natural e relación co exterior, onde di: «...no poderá estar máis de 50 cm...», debe dicir: «...non poderá estar máis de 50 cm...».

– Na páxina 52804, no segundo parágrafo da letra b) da epígrafe Espazos de almacenamento, onde di: «...táboa 2,», debe dicir: «...táboa 1,».

– Na páxina 52806, onde di: «A.4.2.1. Cuarto de baño xeral.», debe dicir: «A.4.2.2. Cuarto de baño xeral.»; onde di: «A.4.2.1 Cuarto de aseo.», debe dicir: «A.4.2.3. Cuarto de aseo.», e onde di: «A.4.2.1 Lavadoiro.» debe dicir: «A.4.2.4. Lavadoiro.».

– Na páxina 52811, no derradeiro parágrafo da letra b) do punto B.2.2. Escaleiras, onde di: «...incluído o contiguo á caixa de escaleiras», debe dicir: «...incluído ou contiguo á caixa de escaleiras».