DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade das resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Data da resolución: 11.3.2024.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-00-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie dun edificio titularidade do interesado e construción dun peche de predio para o desenvolvemento da actividade de garda e reparación de dornas, oficinas, manobras e aparcadoiro.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Asociación Cultural Lajareu por Barlovento.

Superficie concedida no título concesional: 1.030 m2.

Investimento: 8.587,40 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o 28.7.2030.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.950,59 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de ensinanzas náuticas e do 1 % das actividades portuarias de talleres de reparación de embarcacións e depósito de embarcacións.

– Data da resolución: 15.3.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-22-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 13.22.edf.003 (lonxa) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de lonxa coas súas cámaras de frío e produción de xeo.

Porto: Meira.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Moaña.

Superficie concedida no título concesional: 449 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 825,78 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 20.3.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-10-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 12.10.edf.003 (lonxa) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación do servizo de lonxa.

Porto: Pontedeume.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Pontedeume.

Superficie concedida no título concesional: 393 m2.

Investimento: 6.924,76 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.043,76 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 20.3.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario en superficie e subterráneo dos edificios 14.01.edf.020 (nave taller) e, parcialmente, o 14.01.edf.019 (nave almacenamento) e da obra 14.01.obr.002 (canalización l.b.t.) de titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de taller auxiliar para a construción naval.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Astilleros Gondán, S.A.

Superficie concedida no título concesional: 718 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 8.560,12 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de talleres de reparación e depósito de embarcacións.

– Data da resolución: 22.3.2024.

Tipo de trámite:prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-15-99-C-1.

Obxecto da concesión: explotación e xestión da lonxa.

Porto: Campelo.

Concesionaria: Lonxa de Campelo, A.I.E.

Superficie concedida no título concesional: 750 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.991,58 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 25.3.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.01.edf.006) lonxa titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión indirecta do servizo da lonxa e oficinas da confraría.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Ribadeo.

Superficie concedida no título concesional: 767 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 1.223,67 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 1.4.2024.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-42-08-C-1

Obxecto da concesión: ocupación do edificio 12.42.edf.001 (lonxa) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento das actividades de explotación e xestión de lonxa, depuradora de moluscos, bar-cafetaría e almacén.

Porto: Testal.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Noia.

Superficie concedida no título concesional: 1.820 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 13.10.2028.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 11.750,65 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe, do 1 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias e de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

– Data da resolución: 1.4.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-03-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie, voo e do edificio lonxa (13.03.edf.004) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de explotación e xestión indirecta da lonxa.

Porto: Vilaxoán.

Concesionario: Confraría de Pescadores Virgen del Rosario Vilaxoán.

Superficie concedida no título concesional: 573 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 624,06 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia