DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.97448).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Rosa María Barros Bouzas e Alberto Bouzas Blanco.

Expediente: DH.A36.97448.

Volume total anual: 277,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,27 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 810 do polígono 4 do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Lugar: Cuíña.

Parroquia: Quireza.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta aros formigón e condúcese a depósito 5.000 l na mesma parcela. Do depósito distribúese ás dúas vivendas abastecidas no lugar de Cuíña.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia-Sur