DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 

Expediente

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/

parcela

Persoa responsable

185/2023

19.1.2024

36005A024008160000TT

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1847/2023

19.1.2024

36005A025002710000TU

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1846/2023

19.1.2024

36005A025002700000TZ

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1842/2023

19.1.2024

36005A025002690000TH

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1849/2023

19.1.2024

36005A025002730000TW

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir a/as persoa/s responsable/s para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), proceda á xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Segundo. Advertir que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración se poderá verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do dito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes, co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez rematados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Número de expediente

Ref. catastral

Ha afectadas pola execución subsidiaria

Liquidación provisional

185/2024

36005A024008160000TT

0,0335 ha

132,43 €

1847/2023

36005A025002710000TU

0,0903 ha

356,81 €

1846/2023

36005A025002700000TZ

0,0575 ha

227,35 €

1842/2023

36005A025002690000TH

0,0981 ha

387,72 €

1849/2023

36005A025002730000TW

0,0197 ha

69,82 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 1270/2023, 1639/2023, 1670/2023, 1677/2023 e 2350/2023: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

 Expedientes 1255/2023, 1586/2023 e 1906/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007, en relación co artigo 21.1.s) da Lei reguladora das bases do réxime local (LRBRL) e 61.1.s) da Lei de Administración local de Galicia (LALGA)

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 1270/2023, 1639/2023, 1670/2023, 1677/2023 e 2350/2023: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

 Expedientes 1255/2023, 1586/2023 e 1906/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se vai impoñer no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no dito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da realización destes. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 26 de marzo de 2024

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde