DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Fillas da Terra, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 27 de marzo de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación dos artigos 2 e 33 dos estatutos sociais, relativos ao domicilio social e á composición, respectivamente, da entidade Fillas da Terra, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 11 de outubro de 2023. O seu novo domicilio social é: Poza da Barcia, número 11, piso 2, concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Vigo, 27 de marzo de 2024

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra