DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 743.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 21 de marzo de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 743 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.665,39 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: Carmelo Luis Oubiña López (***2275**) e Pilar Durán Somoza (***3304**).

Novo titular: Carmelo Oubiña Durán (***7454**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 21 de marzo de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo